domingo, 18 de noviembre de 2012

PROGRAMAS E RECURSOS DE INTERVENCIÓN CON FAMILIAS + OFICINA DE IGUALDADE E BENESTAR

PROGRAMAS E RECURSOS DE

INTERVENCIÓN CON FAMILIAS

Pomos a disposición dos usuarios deste blogue os programas e recursos existentes para a intervención con familias por se alguén quere informarse ou por s descoñece estes instrumentos e precisa deles.

Aqui deixamos a localización dos lugares onde podedes encontrar os programas e recursos, que describiremos mais adiante, que se encontran na coruña.


NON DUBIDEDES EN USALOS



Ver programas y recursos para la intervención con familias en un mapa más grande



1. OFICINA DE IGUALDADE E BENESTAR


 
Oficinas situadas en diferentes lugares de galiza.

OFERTAN: Servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

SEDE dos equiposde Igualdade, de Inclusión e do Plan da Infancia e da Adolescencia.


FUNCIÓNS:
     - Impulsar o tecido da rede galega para a educación familiar.
     - Unificar actuacións.
     - Favorecer a capacidade e desenvolvemento profesional do persoal do programa.
     - Promover o desenvolvemento da identidade profesional, unificando perfís, funcións e competencias do persoal.
     - Facer visibles as políticas de apoio familiar a as prácticas do programa.
     - Sensibilizar as persoas sobre as diferentes realidades familiares e potenciar o compromiso e solidariedade da sociedade.
     - Facilitar respostas integrais e integradoras ás familias dos diferentes servizos que interveñan nalgun aspecto da vida familiar
     - Promover a cobertura homoxénea e integral dos servizos públicos de apóio familiar.

¿PARA QUÉN?  Para toda a comunidade.

CONTACTO:
 - http://www.igualdadebenestar.org
 - DIRECCIÓN: Avda. del ejercito 2, 1º.
                               15006, A Couña.
 - TLF: 981 185 700
 - TLF consorcio Galego de Igualdade e Benestar: 981 568 705 / 638 299 546 

GOF

2. GABINETES DE ORIENTACIÓN FAMILIAR

 

¿QUÉ SON? Recursos especializados no apoio e promoción da calidade de vida das persoas e das familias e na atención e pevención das situacións que afecten ao día a día das amilias.



FUNCIÓNS
     - Informar e asesorar das problemáticas sociais, picolóxicas e xurídicas.
     - Proporcionar acceso os recursos precisos para as súas necesidades.
     - Dotar as familias coas habilidades necesarias para afrontar o día a día, facendo que sexan mais autónomos e favorecendo as relacións da familia.
     - E vitar que os fillos e fillas sxan un instrumento ante so diferentes conflitos.
     - Favorecer as relacións paterno - filiais, mellorando formas de comunicación para que sexan eficaces e respetuasas.
     - Potenciar a mediación familiar como medio paa a resolución de conflitos.

¿PARA QUÉN?
     - Todas as persoas que consideren que na súa familia existen conflitos.
     - Derivados doutros servizos sociais (sempre de maneira voluntaria, nunca obrigados).

CONTACTO:
 http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=15
     - DIRECCIÓN (A Coruña): Avda. Salvador de Madariaga 9, 1º
                                                                15008, A Coruña
     - TLF: 981 185 703
     - FAX: 981 185 737

servizo de canguros

3. SERVIZO DE CANGUROS



 



¿QUÉ SON? Servizos que permiten a relación traballo - familia mediante persoas que coidan aos nenos no seu fogar no tempo que os adultos da familia non poden realizar esta tarefa.





CONTACTO:
http://igualdadcoruna.blogspot.com.es/2009/07/servicio-municipal-de-atencion-la.html
     - DIRECCIÓN: Plaza de España sin número
                                        A Coruña
     - TLF: 981 184 309

 

programas para a educación familiar

4. PROGRAMAS PARA A EDUCACIÓN FAMILIAR

 
¿QUE SÓN? Programas para detectar e anticiparse as situacións de dificultade nas familias, dandolle a estar as competencias necesarias para favorecer o exercicio das funcións familiares e favorecer a autonomía, responsabilidade e participación na sociedade dos compoñentes desta.
 


 
OBXECTIVOS:
- Intervención social individualizada para familias en situación de dificultade ou risco social.
- Establecer un diagnostico idividual de cada familia, planificando as intervencións para acadar a resposta as situacións de crise ou conflicto.
- Acadar os obxectivos con cada familia, faciltanda a cada unha as competencias necesarias para a súa autonomía na resolución dos problemas.
- Establecer coordinacións dos recursos e servizos da zona, para facilitar o caracter integral da intervención.
- Fomentar a participación cidadá, crear grupos e fomentar o desenvolvemento da comunidade.

CONTACTO:
http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=12

Pedir información na Oficina de Igualdade e Benestar
-DIRECCIÓN: Avda del Ejercito 2, 1º
15006, A Coruña
-TLF: 981 185 700

programas de atención ás familias monoparentais

5. PROGRAMAS DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS MONOPARENTAIS
 
 
Apoio ás familias monoparentais con fillos e fillas a cargo
 
 ¿QUÉ SON? Programas cuxo obxecto é a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora, mediante o establecemento de accións especificas.

OBXECTIVOS:
     - Potenciar a autonomía destas familias.
     - Axudar a criar aos fillos e fillas e favorecer a súa socialización.
     - Favorecer a incorporación do adulto responsable ao mundo laboral.
     - Favorecer a permanencia e incorporación ao traballo das mulleres soas con responsabilidades familiares.
     - Facilitar que estes proxenitores sos participen en igualdade ade oportinidades e dispoñan de tempo libre.
     - Previr situacións de risco social.

CONTACTO:
     - http://www.isadoraduncan.es/es/node/61
     - DIRECCIÓN: Rúa Hortensia sin número.
                                      15008, A Coruña.
     - TLF: 981 184 356


 
 

programas de mediación familiar

6. PROGRAMAS DE MEDIACIÓN FAMILIAR
 
 
¿QUÉ É? A mediación familiar é o procedemento de resolución dos conflictos que de forma voluntaria e mediante profesionais, axuda as parellas para resolver de mutuo acordo a separación, nulidade, divorcio os ruptura da relación.Ofrecendo solucións pactadas para a problemática.

OBXECTIVOS:
     - Dar a oportunidade de sapararse sen conflictos.
     - Axudar á parella a resover as discrepancias da separación, para tomar a decisión mais axeitada.
     - Conseguir acordos duradeiros.

REQUISITOS PARA AS AXUDAS ECONÓMICAS:
     - Residir en Galicia.
     - Que inicien ou soliciten a iniciación dun proceso de mediación con algunha dos profesionais inscritos no rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e stean adheridos ao progrma Mediagal de mediación familiar galega.

CONTACTO:Non existe un lugar específico para este programa polo que deberan iformarse na oficina de igualdde e benestar.
http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=12
    

Residencia de tempo libre

7. RESIDENCIAS DE  TEMPO LIBRE
 
 

¿QUÉ SON? Residencias destinadas ao desfrute do ocio e do placer das familias que se poñen a disposición da poboación para o goce de estadías nos peiodos vacacionais.
A adxudicación das prazas nas temporadas estivais regulase mediante unha orde de carácter anual.


 
¿PARA QUEN?
     - Persoas maiores de idade, ou menores acompañdos dos responsables (adultos) que teñan residencia en España.
     - Os e as galegas con residencia no exterior.
As prazas son adxudicadas mediante sorteos públicos e ante un xefe/a territorial da Conselleria de Traballo e Benestar da provincia.
 
OFERTAN:
     - Residencia: aloxamento e manutención en pensión completa, durante o seu turno.
     - Para non residentes: comedor para familia e amigos que veñan a visitalos.
 
CONTACTO: Non se encontra ningunha en coruña, sendo a mais cercana a residencia de tempo libre do Carballiño con teléfono 988 270 200